Tín leva un tipo de vida “fóra do común”. Non traballa pero non lle falta de nada, non ten intención de formar unha familia e abandonou os seus estudos universitarios.
Todo o que ten, conseguiuno tras participar en todos os concursos ó seu alcance, organizando a súa vida de tal xeito que é quen de vivir de premios: consegue a súa comida mediante promocións e cestas, gaña libros, entradas de cine, roupa, electrodomésticos, a súa bicicleta e o seu coche, un “soldo para toda a vida” e incluso recorreu medio mundo grazas aos concursos. Fai cálculos de probabilidades, participa en certames internacionais e cando necesita cartos en efectivo, vende os premios que non precisa.
O peculiar desta historia é que está plantexada como un “falso documental” de xeito que coñeceremos a Tín mediante o testimonio de diversas personas do seu entorno (a súa ex moza, os seus pais, a caixeira do supermercado, unha azafata do aeroporto, o seu profesor, o carteiro, dous amigos, un veciño) que irán configurando a personalidade e a forma de vida de tan peculiar persona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario