Un documental de Martín Cortés

viernes, 27 de abril de 2007

viernes, 20 de abril de 2007

Como se fixo

Como na edición en DVD aínda non está o making, aquí o tedes

Onte había un fotógrafo do Diario de Pontevedra, verdade?

Diario de Pontevedra: 'Pódese vivir de gañar concursos?'

jueves, 19 de abril de 2007

miércoles, 18 de abril de 2007

Queda menos

Unha curtametraxe formula a posibilidade de vivir de concursos

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle este xoves a estrea a partir das 20.00 horas

Calquera cidadán pode vivir de gañar concursos. Esta é a hipótese lanzada por “Premio”, unha curtametraxe de ficción que vai ser estreada o xoves no salón de actos na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. O proxecto, dirixido por Eva Quintas Froufe, narra dun xeito innovador e directo as vivencias de Martín Cortés, un personaxe cunha vida destinada exclusiva e unicamente a participar en todo tipo de concursos.

Certames de relatos curtos, promocións de firmas de alimentación, sorteos de viaxes con gastos pagos... o principal propósito do protagonista é poder desenvolver unha vida de luxo a costa das iniciativas de marketing das marcas comerciais.

O equipo técnico de “Premio” estivo composto case integramente por titulados da segunda promoción de Comunicación Audiovisual, o cal, combinado cunha formación de actores non excesivamente coñecidos, deu como resultado 9 intensos minutos de filme. Os experimentados Luis Iglesia, Damián Contreras ou Marián Bañobre conviven con novos talentos da interpretación galega como Xulio Abonjo, Xosé Manuel Esperante ou Uxía Fernández, dando lugar a unha obra coral na que a maior importancia recae na propia historia. A rodaxe, desenvolvida durante catro fins de semana, levou ao equipo de gravación a diferentes espazos como o aeroporto de Peinador, as rúas de Pontevedra e o Pazo da Cultura.

A primacía das ideas e a sinxeleza técnica, combinadas cunha visión colorista da vida, son as claves desta curtametraxe, apoiada pola Consellaría de Cultura a través das axudas a creadores individuais.

martes, 17 de abril de 2007

Dossier de Prensa

Xa está dispoñible un pack de información sobre Premio

Estrea en Ciencias Sociais


Data: xoves 18 de abril
Hora: 20.00
Lugar: Salón de actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra

As rúas de Pontevedra atópanse xa empapeladas de 'Premios'

sábado, 14 de abril de 2007

Se as vidas levasen título, o da vida de Tín está moi claro...

Tín leva un tipo de vida “fóra do común”. Non traballa pero non lle falta de nada, non ten intención de formar unha familia e abandonou os seus estudos universitarios.

Todo o que ten, conseguiuno tras participar en todos os concursos ó seu alcance, organizando a súa vida de tal xeito que é quen de vivir de premios: consegue a súa comida mediante promocións e cestas, gaña libros, entradas de cine, roupa, electrodomésticos, a súa bicicleta e o seu coche, un “soldo para toda a vida” e incluso recorreu medio mundo grazas aos concursos. Fai cálculos de probabilidades, participa en certames internacionais e cando necesita cartos en efectivo, vende os premios que non precisa.

O peculiar desta historia é que está plantexada como un “falso documental” de xeito que coñeceremos a Tín mediante o testimonio de diversas personas do seu entorno (a súa ex moza, os seus pais, a caixeira do supermercado, unha azafata do aeroporto, o seu profesor, o carteiro, dous amigos, un veciño) que irán configurando a personalidade e a forma de vida de tan peculiar persona.

Equipo artístico


Dami Contreras - Pai de Tim
María Barcala - Nai de Tim
Xulio Abonjo - Compañeiro
Xosé Manuel Esperante - Compañeiro
Marián Bañobre - Caixeira
Susana Cerviño - Azafata de avión
Luis Iglesia - Profesor
Santiago Cortegoso - Carteiro
Uxía Fernández - Irmá de Tim
Anabell Gago - Azafata de concursos
Pilar Boullosa - Avoa de Tim
Manuel Solla - Quiosqueiro
Pablo González - Tim

Equipo técnico

O equipo técnico da curtametraxe estivo integrado na súa meirande parte por titulados da segunda promoción de Comunicación Audiovisual
Guión e Dirección - Eva Quintas
Produción - Natalia Quintas e Paula Acuña
Axudante de Dirección - Jorge Fernández
Dirección de Fotografía e Iluminación - Xacobe González
Son e Posprodución de Son - Luis Miguel Alonso
Dirección de Actores - Tareixa Castro
Dirección Artística - Mari Carmen Froufe
Scrip - Olaia Sío e Montse Fernández
Montaxe - Jorge Fernández e Teresa Barberena
Grafismo - Angelina Pérez Zambrana
Música - Piti Sanz

lunes, 9 de abril de 2007

Imaxes da rodaxe

Xa están dispoñibles en Flickr as imaxes tomadas durante a grabación da curtametraxe.
 

pataca