Un documental de Martín Cortés
martes, 7 de agosto de 2007
miércoles, 1 de agosto de 2007
POR FIN A CURTAMETRAXE
martes, 24 de julio de 2007
Primeiro premio para Premio

O noso pequeno fillo acaba de obter o seu primeiro galardón nos V Premios á Creación Audiovisual da Universidade de Vigo, na categoría de curtas narrativas!

martes, 26 de junio de 2007
martes, 19 de junio de 2007
viernes, 8 de junio de 2007
Tarde de curta
08/06/2007 ~La Voz de Galicia~ Aliados del abanico
jueves, 7 de junio de 2007
Hoxe, un novo gran día
07/06/2007 ~La Región~ Proyección del cortometraje "Premio"
07/06/2007 ~La Voz de Galicia~ Proyección de «Premio»
domingo, 3 de junio de 2007
Unha nova oportunidade para ver Premio
HORA: 21.00
LUGAR: Teatro Principal de Ourense
Continúa dispoñible o pack de información sobre o proxecto.
domingo, 27 de mayo de 2007
Non puido ser

Premio Pedigree´07 (de honra): ANTÓN REIXA.
Premio do público á mellor curta de ficción: TEMPADA 92-93, de Alejandro Marzoa.
Premio do público á mellor curta de animación: A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO, de Juan Pablo Etxeberry.
Premio do xurado á mellor curta de ficción: SEN CHUMBO, de Jorge Saavedra.
Mención especial do xurado en ficción: AS CARREIRAS SECRETAS, de Antonio Coucheiro "Cou".
Premio do xurado á mellor curta de animación: PROMESA, de Fernando Cortizo.
Premio do xurado á mellor actriz: CRISTINA CASTAÑO, por "Sen chumbo".
Premio do xurado ao mellor actor: XULIO ABONJO, por "Sen chumbo".
Premio do xurado ao mellor videoclip: NIÑO Y PISTOLA: SONG 74. Realizador: Manolito Portolés.
Premio do público ao mellor videoclip: EL CUBO: COMO CADA DÍA. Realizador: Miguel de la Peña.

lunes, 14 de mayo de 2007
- Premio (2006). Eva Quintas Froufe. Comédia. 9’
Sinopse: Tin é um ser único pelo peculiar modo de vida que leva. Nada o faz mais feliz que participar em todos os concursos que pode; o seu sonho sempre foi viver de prémios, muito embora este projecto de vida seja algo heterodoxo.
domingo, 13 de mayo de 2007
martes, 8 de mayo de 2007
Definición de redundancia
viernes, 27 de abril de 2007
viernes, 20 de abril de 2007
jueves, 19 de abril de 2007
'Premio' nos medios
La Voz de Galicia: Pasarela de estrenos
La Voz de Galicia: Estreno do curto "Premio"
miércoles, 18 de abril de 2007
Queda menos
Unha curtametraxe formula a posibilidade de vivir de concursos
A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle este xoves a estrea a partir das 20.00 horas
Calquera cidadán pode vivir de gañar concursos. Esta é a hipótese lanzada por “Premio”, unha curtametraxe de ficción que vai ser estreada o xoves no salón de actos na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. O proxecto, dirixido por Eva Quintas Froufe, narra dun xeito innovador e directo as vivencias de Martín Cortés, un personaxe cunha vida destinada exclusiva e unicamente a participar en todo tipo de concursos.
Certames de relatos curtos, promocións de firmas de alimentación, sorteos de viaxes con gastos pagos... o principal propósito do protagonista é poder desenvolver unha vida de luxo a costa das iniciativas de marketing das marcas comerciais.
O equipo técnico de “Premio” estivo composto case integramente por titulados da segunda promoción de Comunicación Audiovisual, o cal, combinado cunha formación de actores non excesivamente coñecidos, deu como resultado 9 intensos minutos de filme. Os experimentados Luis Iglesia, Damián Contreras ou Marián Bañobre conviven con novos talentos da interpretación galega como Xulio Abonjo, Xosé Manuel Esperante ou Uxía Fernández, dando lugar a unha obra coral na que a maior importancia recae na propia historia. A rodaxe, desenvolvida durante catro fins de semana, levou ao equipo de gravación a diferentes espazos como o aeroporto de Peinador, as rúas de Pontevedra e o Pazo da Cultura.
A primacía das ideas e a sinxeleza técnica, combinadas cunha visión colorista da vida, son as claves desta curtametraxe, apoiada pola Consellaría de Cultura a través das axudas a creadores individuais.
martes, 17 de abril de 2007
Estrea en Ciencias Sociais
sábado, 14 de abril de 2007
Se as vidas levasen título, o da vida de Tín está moi claro...

Tín leva un tipo de vida “fóra do común”. Non traballa pero non lle falta de nada, non ten intención de formar unha familia e abandonou os seus estudos universitarios.
Todo o que ten, conseguiuno tras participar en todos os concursos ó seu alcance, organizando a súa vida de tal xeito que é quen de vivir de premios: consegue a súa comida mediante promocións e cestas, gaña libros, entradas de cine, roupa, electrodomésticos, a súa bicicleta e o seu coche, un “soldo para toda a vida” e incluso recorreu medio mundo grazas aos concursos. Fai cálculos de probabilidades, participa en certames internacionais e cando necesita cartos en efectivo, vende os premios que non precisa.
O peculiar desta historia é que está plantexada como un “falso documental” de xeito que coñeceremos a Tín mediante o testimonio de diversas personas do seu entorno (a súa ex moza, os seus pais, a caixeira do supermercado, unha azafata do aeroporto, o seu profesor, o carteiro, dous amigos, un veciño) que irán configurando a personalidade e a forma de vida de tan peculiar persona.
Equipo artístico

Dami Contreras - Pai de Tim
María Barcala - Nai de Tim
Xulio Abonjo - Compañeiro
Xosé Manuel Esperante - Compañeiro
Marián Bañobre - Caixeira
Susana Cerviño - Azafata de avión
Luis Iglesia - Profesor

Santiago Cortegoso - Carteiro
Uxía Fernández - Irmá de Tim
Anabell Gago - Azafata de concursos
Pilar Boullosa - Avoa de Tim
Manuel Solla - Quiosqueiro
Pablo González - Tim
Equipo técnico
Guión e Dirección - Eva Quintas
Produción - Natalia Quintas e Paula Acuña
Axudante de Dirección - Jorge Fernández
Dirección de Fotografía e Iluminación - Xacobe González
Son e Posprodución de Son - Luis Miguel Alonso
Dirección de Actores - Tareixa Castro
Dirección Artística - Mari Carmen Froufe
Scrip - Olaia Sío e Montse Fernández
Montaxe - Jorge Fernández e Teresa Barberena
Grafismo - Angelina Pérez Zambrana
Música - Piti Sanz
lunes, 9 de abril de 2007
Imaxes da rodaxe
